Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Xuño 05, 2019

O venres 31 de maio o alumnado de 1º de ESO, nunha saída de todo o día organizada polo departamento de Xeografía e Historia como complemento ao currículo deste nivel, visitou o Castro de Neixón e as mámoas da serra do Barbanza.

No Castro de Neixón o arqueólogo que dirixe o centro, Víctor Barbeito, impartiulles unha charla e moustrolles un vídeo sobre a prehistoria na serra do Barbanza; logo ensinoulles e comentoulles o castro de Neixón.

Despois de comer, o autobús deixounos no monte Iroite e fixemos unha ruta ata aldea de Balteiro, por onde puidemos ver varias mámoas da necrópole megalítica. Polo camiño, os rapaces situáronse no mapa e localizaron as súas parroquias e algúns outros lugares da península do Barbanza.

 

 

Xoves Xuño 06, 2019
Start: 06/06/2019 10:00
End: 06/06/2019 12:00

Estrea da obra do grupo de teatro do centro, "Non te ralles", na Casa de Cultura do Concello. Asistirán 3º e 4º de ESO. Saída do centro ás 16.40h e regreso ás 17.55h. 

Start: 06/06/2019 10:00
End: 06/06/2019 12:00

De 10.00h a 12.00h, recibimento ao alumnado de 6º de Primaria dos colexios. 

Un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO foron os encargados de explicarlles aos rapaces e rapazas que estudarán no instituto no curso que vén como é o noso centro!!! E fixérono así de ben!

u

Distribuir contido


by Dr. Radut